Casa Isolina é un dos restaurantes con máis soleira da comarca do Barbanza. Fundada en 1878 iniciou a súa andaina como casa de comidas e panadería, converténdose cos anos nun lugar de paso para os amantes da cociña tradicional de calidade.
Entre os seus pratos poderás atopar mariscos da ría, carnes de primeira, peixes ao estilo Isolina e unha ampla variedade de sobremesas para que termines con moi bo sabor de boca.
INSTALACIÓNS:
Casa Isolina dispón dun salón comedor para servir a 90 comensais e unha terraza exterior con espazo para 30 persoas e unha bonita mesa de pedra para gozar dunha agradable velada ao aire libre.
Conserva o forno de pedra construído en 1878, cun diámetro de 3 metros, onde se facía o pan para os veciños da comarca e un pozo de pedra no exterior que data do ano 1909.
RECOÑECEMENTOS:
Casa Isolina obtivo por quinto ano consecutivo o Certificado de Excelencia de Tripadvisor e entramos no «Salón da fama» grazas aos magníficos comentarios dos seus clientes. Tamén lle outorgaron os seguintes galardóns:
- Dolmen de ouro 2005 ao mellor cociñeiro
- Xouba de ouro 2001
- Dolmen de ouro 1997 ao mellor restaurante
- Ademais entre os seus visitantes inclúense personalidades como Camilo José Cela, Alejandro Amenábar, Norman Foster, o Marqués de Griñón, Presidentes da Xunta, ministros, etc.
LOCALIZACIÓN:
Situado en Taragoña – Rianxo en pleno corazón da Ría de Arousa, en casa Isolina respírase o encanto dun pobo mariñeiro.
A poucos quilómetros de Ribeira ou Padrón este bonito pobo costeiro situado na saída 19 da autovía AG-11 é tamén terra natal de ilustres escritores galegos como Castelao, Rafael Dieste ou Manuel Antonio.